O xesto.

O pasado fin de semana o celtismo volveu facer gala do seu espírito viaxeiro e un bo número de siareiros estivemos presentes nas rúas de Eibar e nas bancadas de Ipurua.

O que vivimos na previa, cunha memorable esmorga man a man cos nosos anfitrións, e o que aconteceu no céspede é xa coñecido. A cousa rematou con bo sabor de boca polo gran ambiente e polo punto rabuñado, pero houbo algo que empañou un chisco a satisfacción dos celtistas desprazados: Ao remate do partido ningún membro do equipo achegouse ao sector visitante para saudar. Apenas uns acenos por parte do capitán Augusto Fernández e xogadores como Sergio Álvarez ou Sergi Gómez, pero dende preto da porta de vestiarios. O presidente Carlos Mouriño, unha vez mais, sí baixou a ras de céspede.

Trátase dun detalle feo, pero o realmente molesto é que trátase de algo reiterado. Algúns de nós temos feito viaxes dabondo para poder dicir que os saúdos ao remate do partido non abundan e, ademáis, adoitan acontecer tralas vitorias. O derradeiro derbi en Riazor foi un bo exemplo. As imaxes son inesquecibles e o goce foi total, pero é doado festexar despois de gañar un derbi, e o camiño do celtista ten pouco de doado.

No bus de volta ou nas redes sociáis podíase palpar a irritación dalgúns dos presentes. Non se trata de recibir halagos ou xestos para a galería por parte dos nosos xogadores. Non se trata de coleccionar camisolas. Non queremos, nin moito menos, entablar amizade con eles. Non somos “groupies”. O único que queremos, e semella unha aspiración lexítima e razoable, é poder saudar ao noso equipo despois da batalla, de preto, agradecer mutuamente o esforzo mirándonos aos ollos.

Ben sabemos do seu cansanzo e mesmo do posible enfado cando as cousas non saen ben (que non foi o caso), pero tamén os seus siareiros sofren, quizáis mais ca eles, e tamén están cansos tras centos de kilómetros en incómodos autobuses, horas de pe, resaca (aínda que sarna con gusto non pica) e afonía por alentalos durante os 90 minutos e un bo anaco despois, co campo xa baleiro, chamando por eles. Algúns veñen de fora de Galicia, como os membros de Zeru Urdin, Morriña Celeste, Burgalegos e tantos outros, e partidos así son das poucas ocasións que teñen para ver ao seu Celta. E se eses siareiros, por amor ao escudo que levan no peito, poden facer esas viaxes unha e outra vez, e agardan por un só xesto, semella que os nosos homes poden camiñar 40 metros mais e compartir uns intres con xentes que, a fin de contas, están alí por eles. A súa xente.

Non trabamos. Co gol do empate, Iago Aspas achegouse ao grupo de celtistas mais abundante en Ipurua (que non o único) e as imaxes, captadas pola irmandiña Carmen Rosales, falan por sí mesmas. https://www.youtube.com/watch?v=TaFfq81EEYo

Pode que existan excusas, pero exemplos do que pedimos sobran. Só con botar unha ollada ás demáis ligas europeas atoparemos unha morea de mostras de comunión equipo-afección que aquí estamos lonxe de acadar. As estrelas do todopoderoso Bayern teñen subido á bancada a cantar cos seus siareiros. Os xogadores do Borussia Dortmund tiraron cañas para os seus como disculpa. Non hai equipo na Premier que non teña un minuto para ir ata o recuncho dos seus fans. Abofé que veñen mais exemplos á mente do lector.

Arsenal BVBarticle-2364021-1AD312A0000005DC-105_634x515

Non hai que ir tan lonxe. Preto de nós hai equipos que, mesmo en Segunda e cun pe na 2ªB tras perder na casa, deixan imaxes coma esta.

IMG_20150928_121930

Nada mais lonxe da nosa intención buscar polémica ou enturbiar. Vivimos un histórico inicio de campaña e estamos a desfrutar coma ananos. Incluso cabe dicir que a relación de equipo e bancada é mais cercana que, poñamos, hai unha década. Sobra dicir que os celtistas non deixaremos de animar nin un intre por este asunto, e faremos as viaxes coa mesma ledicia de sempre. A nosa fidelidade está por riba destas cousas, pero é precisamente porque nos importa este equipo que queremos que funcione do mellor xeito, e poucas engranaxes hai tan importantes como a de equipo+afección. Coidemos diso. Ás veces chega cun xesto.

 Onte, hoxe e sempre Celta!

IMG_20150928_142156

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s