Faite irmandiño!

COMEZAMOS! Co magnífico sabor de boca que deixou a tempada pasada, na que celebramos o noso quinto aniversario e na que o pasamos coma ananos cun RC Celta histórico, iniciamos os preparativos para a tempada 2017/18. Será un reto superar o acadado, pero coa nosa xente podemos con todo!

A nosa campaña de socios está en marcha. Dende xa podes unirte a Irmandiños 1923 e participar dese reto como un membro mais da familia.  É ben doado! Chega con que envíes ao noso correo electrónico, irmandinhos1923@gmail.com, os seguintes datos:

-Nome completo, dni, data de nacemento, enderezo, teléfono e correo electrónico.

-Se es abonado do RC Celta, indícanos tamén o teu número de abonado, categoría e bancada.

Respecto á cuota de socio, tes tres opcións:

-Cuota de 15€: Con dereito a unha camisola exclusiva de agasaio. Podes escoller cor, branca ou negra.

-Cuota de 25€: Con ambas camisolas.

-Cuota de 12€: Se non estás interesado en ningunha das camisolas.

IMG-20170628-WA0005

E iso é todo! Como socio poderás participar de tódalas actividades que organicemos ou nas que participemos: Viaxes, ceas e xantares, torneos… Tamén terás prezos especiáis no material da peña e na nosa nova sede, o bar La Praderita (Manuel de Castro, 16).

Para nós ser celtistas é un xeito de vida. Poder vivilo en familia, deixando as gorxas nas bancadas, percorrendo kilómetros, visitanto cidades, facendo amizades, contaxiando a mais xente desta tolemia… iso é un privilexio. Queres comprobalo? Pois únete! Agardamos por ti!

Onte, hoxe e sempre Celta!!

Anuncios

Viaxe a Xixón (25 e 26 de febreiro)

Voltamos a Xixón!

As peñas do RCCV sempre fomos de vivir na estrada. Irmandiños 1923 non podía ser menos: Todas as nosas viaxes deixaron algo bo, pero a de Xixón da tempada pasada foi algo especial. Por iso toca repetir!

Organizamos desprazamento en bus para ir a ver o Sporting – Celta do 26 de febreiro (18:30). A saída será o sábado 25 ás 8:00, dende Balaídos. A volta, o domingo 26 ao remate do partido. O prezo inclúe hotel e almorzo do día 26. O prezo non inclúe entrada, pero a poderemos xestionar para membros de peñas do RC Celta.

-Prezo xeral (bus + hotel + almorzo): 50€
-Prezo para membros de Irmandiños: 35€

Podedes anotarvos dende xa en irmandinhos1923@gmail.com. Prazas limitadas! Non tardedes!

Onte, hoxe e sempre Celta!!

Festa Quinto Aniversario (21/10)

 

Esta tempada IRMANDIÑOS 1923 celebramos os nosos primeiros cinco anos xuntos. Foi un lustro para a lembranza, e chega o momento de celebralo como é debido: Con esmorga da boa!

O VENRES 21 DE OUTUBRO, dende as 20:30, estades todos convidados a A TRINCHEIRA (Rúa Irmandiños, 15), para celebralo connosco. O camiño pagou a pena por toda a xente que o compartiu e o fixo posible, e así seguirá sendo, de modo que convidamos aos celtistas a achegarse, brindar polo RCCV e, cómo non, quecer motores para o derbi do domingo 23.

Haberá sorteos, pinchos varios e cañas de Estrella Galicia a 1€ ata as 23:30 para todos.

Agardamos por TODOS vos! Non o perdades!

Onte, hoxe e sempre Celta!!

cartelirmdefinitivoaniv

Faite Irmandiño!

Despois doutro verán matando o mono de RCCV como boamente pódese, por fin!, chega unha nova tempada para os celtistas.

A chegada dunha nova tempada sempre é un agasallo, pero esta é moi especial: Para o noso equipo, porque despois dunha década voltaremos a competir en Europa. Tamén para a nosa peña, xa que IRMANDIÑOS 1923 cumpre o seu primeiro lustro de existencia. Cinco anos vivindo o celtismo xuntos, medrando e loitando xuntos. Parabéns a TODOS os que formades parte disto e o facedes posible!

En efecto, foron cinco anos moi intensos, pero na crenza de que o mellor sempre está por chegar, empezamos xa a traballar para que o período 2016/17 pague tanto a pena como agardamos, e só será así vivíndoo xuntos. O prazo está aberto: Faite irmandiño!!

Tes dúbidas? Ten algunha vantaxe ser membro de Irmandiños 1923? Dende logo!

O primeiro e mais solicitado é o acceso prioritario a entradas para os partidos que o RC Celta xogue lonxe de Balaídos. Ademáis, por suposto, os irmandiños teñen prioridade e prezo reducido naquelas viaxes que organice a nosa peña. Madrid, Bilbao, Pamplona, Xixón, Coruña… xa van moitos kilómetros xuntos, e non pensamos parar!

Como irmandiños, tamén teredes acceso prioritario e a prezo especial tanto aos carnets dos que dispoña á peña como ao noso material (camisolas, bufandas, sudadeiras…). Ademáis, aqueles socios que o desexedes teredes a camisola conmemorativa do noso quinto aniversario:

13686500_606727839498535_483978896190563747_n

A nosa peña busca ter vida tamén fora do RCCV. Poderedes formar parte das actividades e eventos nos que a peña participe: torneos de fútbol, partidas, xantares e xuntanzas varias, tanto aquelas organizadas por nós como aquelas ás que sexa invitada a nosa peña.

Pero seguramente o mellor, o mais importante de todo, é a posibilidade de formar parte desta tolemia. Nos cinco anos que levamos xuntos, moitos pasamos de ser completos descoñecidos aos que “só” unía a súa paixón polo RC Celta, a ser inseparables, unha verdadeira familia. Se buscades compartir o voso celtismo, compartir esmorga na rúa e paixón na bancada, agardamos por vos cos brazos abertos!

Para unirvos á tribu irmandiña tedes que enviar os vosos datos á nosa conta de correo electrónico, na que tamén podedes consultar todas as vosas dúbidas: irmandinhos1923@gmail.com

Os datos que se precisan son: Nome completo, data de nacemento, DNI, enderezo, móbil e correo electrónico de contacto e, no caso de que sexades abonados do RC Celta, o voso número, categoría e bancada. Indicade tamén se optades por facervos socios normáis (10€) ou con camisola do Quinto Aniversario incluída (15€).*

Todas as novidades concernentes á vida da peña serán anunciadas vía correo electrónico e a través do chat común de WhatsApp, do que podedes solicitar formar parte. Tamén a través das nosas redes sociáis informaremos a cotío da nosa actualidade: Estamos en Facebook , Twitter e Instagram .

Isto é todo. Se o voso é o bo ambiente, a troula e o RCCV, non o dubidedes e unídevos xa á Familia Irmandiña. Agardamos por vos!

*En breve a conta da peña estará habilitada de novo, para poder facilitar os pagamentos de cuotas, entradas ou calquera outra xestión. Para aqueles que prefirades facelo en man, podedes achegarvos nas previas dos partidos do RCCV en Balaídos á cafetería Sobran os Motivos (Eugenio Kraft, 4).

ONTE, HOXE E SEMPRE CELTA!!

O Leicester e os covardes.

Como calquera afeccionado ao fútbol saberá, e algún profano tamén, o Leicester City ven de proclamarse campión da Premier League. Os ‘Foxes’ levantan deste xeito o primeiro título ligueiro da súa historia. Os futboleiros de todo o mundo xa cantan as loubanzas dos Vardy, Mahrez, Kanté, Morgan…

É momento de felicitar aos de Ranieri e celebrar que un equipo modesto puidera impoñerse nunha liga de tantísimo prestixio. Haberá quen argumente que as cifras económicas que manexan fan que pareza osado falar de “modestia”, pero non cabe dúbida de que no seu contexto, a Premier, e coas circunstancias do seu pasado recente, trátase dun equipo que nin os mais optimistas dos seus siareiros vían campión en agosto. Unha fazaña e, en definitiva, unha gran nova para o fútbol.

Non obstante, entre os abundantes e merecidos parabéns ao campión inglés pola súa vitoria atopamos felicitacións dunha gran incongruencia: Imos fartar de escoitar e ler loubanzas por parte de siareiros dos grandes equipos do noso fútbol. E non teñen acaso dereito a alegrarse e opinar ao respecto como o resto? Por suposto. Pero tamén nós temos dereito a sinalar que nos parabéns de moitos deses siareiros agóchase unha certa hipocresía.

Estes siareiros, como dicimos, celebran o triunfo do Leicester mentres os equipos que apoian esmagan e fan lobby para que algo así xamáis suceda en España, impedindo calquera esquema similar en canto ao reparto de cartos de TV ou á organización da Copa. Estes siareiros celebran o prodixio dos ‘Foxes’ mentres consumen medios que tachan finais de Copa do Rei entre modestos de “indecentes”. Estes siareiros celebrarán as incribles historias dos membros dese plantel, a quenes non coñecían fai un mes, mentres desprecian aos xogadores do equipo da súa terra como “inútiles”, “paquetes”, “mortos de fame” e derivados. Estes siareiros aplaudirán a modestia de Claudio Ranieri mentres rin as gracias dos seus ídolos cando se mofan dun rival pedindo que se voltee para ler qué nome leva ás costas. Estes siareiros probablemente pensarán a vindeira tempada, na que o campión seguramente sexa outro, que o Leicester terá feito “merda”.

IMG_20160503_135414

E aínda así, non poden alegrarse? Por suposto que sí, pero igualmente nós podemos lembrar que tralo escudo que eles locen agóchanse os responsables de boa parte das miserias que podrecen o noso fútbol e impiden historias análogas. Cómo casan a ledicia polo éxito dun modesto doutro país coa negativa a dar esas oportunidades no teu? Se tan ben parécenos a todos o éxito do Leicester City, ou o de calquera equipo modesto que desafía á súa propia historia para quedar para sempre na lembranza de todos, por qué non tomamos nota das cousas que o fan posible? É acaso o medo ao fracaso (temporal) de dous clubes motivo suficiente para impedir que a nosa Liga medre en igualdade, en emoción, en finais imprevistos? En serio son tan covardes?

A ledicia do King Power Stadium a compartimos case todos os futboleiros. Amosamos un sorriso ao ver as imaxes da esmorga dos xogadores do Leicester na casa de Jamie Vardy, sabéndose campións. Sentimos simpatía ao saber que o alirón colleu a Ranieri en pleno voo de volta tras visitar á súa nai. Temos curiosidade por ese presidente que agasalla aos seus siareiros con donuts e cervexa. Atrevámonos a loitar para que estas historias, que son a un tempo normais e inverosímiles, poidan acontecer tamén aquí. Deixemos de ser cautivos da covardía dos grandes. Parabéns, Leicester!

IMG_20160503_135247

O xesto.

O pasado fin de semana o celtismo volveu facer gala do seu espírito viaxeiro e un bo número de siareiros estivemos presentes nas rúas de Eibar e nas bancadas de Ipurua.

O que vivimos na previa, cunha memorable esmorga man a man cos nosos anfitrións, e o que aconteceu no céspede é xa coñecido. A cousa rematou con bo sabor de boca polo gran ambiente e polo punto rabuñado, pero houbo algo que empañou un chisco a satisfacción dos celtistas desprazados: Ao remate do partido ningún membro do equipo achegouse ao sector visitante para saudar. Apenas uns acenos por parte do capitán Augusto Fernández e xogadores como Sergio Álvarez ou Sergi Gómez, pero dende preto da porta de vestiarios. O presidente Carlos Mouriño, unha vez mais, sí baixou a ras de céspede.

Trátase dun detalle feo, pero o realmente molesto é que trátase de algo reiterado. Algúns de nós temos feito viaxes dabondo para poder dicir que os saúdos ao remate do partido non abundan e, ademáis, adoitan acontecer tralas vitorias. O derradeiro derbi en Riazor foi un bo exemplo. As imaxes son inesquecibles e o goce foi total, pero é doado festexar despois de gañar un derbi, e o camiño do celtista ten pouco de doado.

No bus de volta ou nas redes sociáis podíase palpar a irritación dalgúns dos presentes. Non se trata de recibir halagos ou xestos para a galería por parte dos nosos xogadores. Non se trata de coleccionar camisolas. Non queremos, nin moito menos, entablar amizade con eles. Non somos “groupies”. O único que queremos, e semella unha aspiración lexítima e razoable, é poder saudar ao noso equipo despois da batalla, de preto, agradecer mutuamente o esforzo mirándonos aos ollos.

Ben sabemos do seu cansanzo e mesmo do posible enfado cando as cousas non saen ben (que non foi o caso), pero tamén os seus siareiros sofren, quizáis mais ca eles, e tamén están cansos tras centos de kilómetros en incómodos autobuses, horas de pe, resaca (aínda que sarna con gusto non pica) e afonía por alentalos durante os 90 minutos e un bo anaco despois, co campo xa baleiro, chamando por eles. Algúns veñen de fora de Galicia, como os membros de Zeru Urdin, Morriña Celeste, Burgalegos e tantos outros, e partidos así son das poucas ocasións que teñen para ver ao seu Celta. E se eses siareiros, por amor ao escudo que levan no peito, poden facer esas viaxes unha e outra vez, e agardan por un só xesto, semella que os nosos homes poden camiñar 40 metros mais e compartir uns intres con xentes que, a fin de contas, están alí por eles. A súa xente.

Non trabamos. Co gol do empate, Iago Aspas achegouse ao grupo de celtistas mais abundante en Ipurua (que non o único) e as imaxes, captadas pola irmandiña Carmen Rosales, falan por sí mesmas. https://www.youtube.com/watch?v=TaFfq81EEYo

Pode que existan excusas, pero exemplos do que pedimos sobran. Só con botar unha ollada ás demáis ligas europeas atoparemos unha morea de mostras de comunión equipo-afección que aquí estamos lonxe de acadar. As estrelas do todopoderoso Bayern teñen subido á bancada a cantar cos seus siareiros. Os xogadores do Borussia Dortmund tiraron cañas para os seus como disculpa. Non hai equipo na Premier que non teña un minuto para ir ata o recuncho dos seus fans. Abofé que veñen mais exemplos á mente do lector.

Arsenal BVBarticle-2364021-1AD312A0000005DC-105_634x515

Non hai que ir tan lonxe. Preto de nós hai equipos que, mesmo en Segunda e cun pe na 2ªB tras perder na casa, deixan imaxes coma esta.

IMG_20150928_121930

Nada mais lonxe da nosa intención buscar polémica ou enturbiar. Vivimos un histórico inicio de campaña e estamos a desfrutar coma ananos. Incluso cabe dicir que a relación de equipo e bancada é mais cercana que, poñamos, hai unha década. Sobra dicir que os celtistas non deixaremos de animar nin un intre por este asunto, e faremos as viaxes coa mesma ledicia de sempre. A nosa fidelidade está por riba destas cousas, pero é precisamente porque nos importa este equipo que queremos que funcione do mellor xeito, e poucas engranaxes hai tan importantes como a de equipo+afección. Coidemos diso. Ás veces chega cun xesto.

 Onte, hoxe e sempre Celta!

IMG_20150928_142156

Viaxe a Eibar.

IMG-20150901-WA0003

Moi boas, celtistas!

Comeza a tempada e chegan as primeiras viaxes, como non podía ser doutro xeito. O vindeiro sábado 26 de setembro, ás 22:00, o RC Celta enfróntase á SD Eibar en Ipurúa, e alí estaremos para alentar ós nosos. Como novidade, esta viaxe a organizaremos conxuntamente cos nosos amigos e veciños provisionáis, Preferencia Celeste. A cousa promete!

Esta é a nosa plan de viaxe:

  • Saída de Balaídos ás 4:00 da madrugada do sábado (noite do venres ó sábado, para despistados!)
  • Chegada a Eibar a mediodía do sábado, previa e partido ás 22h.
  • Regreso ó remate do partido (00:00 aprox.). Chegada a Vigo o domingo pola mañá.

O prezo da viaxe será de 30€ para membros de Preferencia Celeste e Irmandiños 1923, e de 35€ para non membros.

Para apuntarvos, só tedes que enviar un email a irmandinhos1923@gmail.com cos vosos datos (nome e apelidos, DNI, teléfono e email de contacto). Poderedes facer o pagamento no Sobran os Motivos (Eugenio Kraft, 4) ata o mércores 16 de setembro, data límite.

IMG-20150419-WA0013

A de Eibar é unha viaxe onde atopamos unha cidade, unha afección, un estadio e un equipo moi especiáis, un caso certamente único en Primeira. A pasada tempada estivemos alí, e a experiencia foi tan boa que quixemos repetir, e que saia tan ben ou mellor… de modo que non o dubides e apúntate xa!

Onte, hoxe e sempre Celta!!

PD: Dende Irmandiños 1923 garantizamos que Jose Alonso está relevado e afastado de toda selección musical para o discobús.

Faite irmandiño!

Saúdos, irmandiños! Como cada verán, poñemos en marcha a nosa campaña de socios. Despois doutro gran ano para o RC Celta en xeral e para nós en particular, é momento de poñer a andar a nova tempada, na que traballaremos máis e mellor que ata agora para seguir sendo esa familia á que todos os seus membros poidan sentirse orgullosos de  pertencer.

11021097_405441752960479_6885017560386037737_n

Como membros de Irmandiños 1923, ademáis do máis obvio, que é alentar ata fartar ao noso Celta, en Vigo ou onde quer que xogue, tamén poderedes:

– Gozar de prioridade e desconto nas nosas viaxes.

– Participar dos nosos actos: xantares, ceas e troulas, torneos nos que participemos, sorteos…

– Participar tamén daquelas actividades fora do “futbolístico” que faremos.

– Desconto en todo o noso material, que este ano terá importantes novidades. Atentos! 10868005_10204353135180966_3936426283001577157_n

Máis, cómo facerse irmandiño? Ben sinxelo:

As cuotas manteranse como ata o de agora: 10€ para as renovacións e 15€ para as altas.

Para facervos membros podedes acudir tanto á nosa sede, cafetería Sobran Os Motivos (Eugenio Kraft, 4), como ao mesón O’Rincón (Manuel Núñez, 10). Alí atoparedes ficheiros para deixa-los datos precisos e poderedes abona-la cuota. Tamén poderedes facervos membros enviando os datos* (nome completo, data de nacemento, dni, enderezo, teléfono e mail de contacto e, se sodes abonados do Celta, nº de socio e bancada) ao noso correo electrónico: irmandinhos1923@gmail.com.

O pago vía ingreso o facilitaremos en canto estea habilitada a nosa conta.

Todos aqueles socios que abonen a cuota ANTES DO MEMORIAL QUINOCHO (venres 14 de agosto) entrarán no sorteo dunha camiseta titular do RC Celta da presente tempada.

Ademáis, os 20 primeiros socios recibirán unha bufanda de raso fino de agasallo.

10704327_351016535069668_2898001040211496068_o

Aproveitamos para lembrar unha vez máis, aínda que pareza obvio, que Irmandiños precisa das vosas voces pra funcionar. Non dubidedes en achegar as vosas ideas, suxerencias, dúbidas, queixas… Esta peña somos todos e facémola entre todos. Agardámosvos!

11201135_430566987114622_3247677651943651663_o10488151_351016895069632_8968305585677801753_n

Onte, hoxe e sempre Celta!

*Os datos son requiridos para o rexistro na Federación de Peñas do RC Celta.

Furancheo irmandiño.

A nosa é unha peña pródiga en troula e carallada, pero podemos dicir sen medo a trabucarnos que o xantar do pasado domingo no furancho da Balsa de Matamá xa fica no podio dos mellores eventos que temos organizado. E, se cabe dicir tal, é grazas a que os nosos, os que son e fan esta peña, responderon como nas grandes ocasións, tanto en número como en ánimo.

Estabamos convocados ás 14h no Sobran os Motivos, pero para boa parte dos asistentes non faltou a cervexa previa de rigor. Nin unha segunda. Unha vez reunidos, tomamos en Balaídos o orugabús camiño de Matamá. Ambientazo!

11077634_430568007114520_8350192349935272284_o 11146442_430567993781188_5698745857234148498_o 11187409_430567867114534_5111441480478261609_o 11201157_430567797114541_6869398430741456468_o11196236_10206123093459228_6191168345200158158_n

Xa no furancho, tomadas posicións, a bebida e o xantar circularon en abundancia. E é que, se diciamos que temos que agradecer aos asistentes, tampouco podemos esquecer a María, David e toda a xente do furancho, por tratarnos a corpo de rei. Saúde!

11109162_430565960448058_3284646434837406690_o 11154914_430565963781391_3794247409640127564_o 11169746_430566150448039_649147536075488415_o 11170298_430566160448038_5691121420328816873_o 11181219_430565967114724_5767779422646305391_o11188482_10206123091019167_1488321931201655193_n

Cumpridos os tres ritos de todo bo xantar celtista (encher os bandullos, castigar os fígados e quecer as gorxas), tocaba agasallar aos presentes, sorteo mediante. Con María como man inocente e cos xa habituais berros de “tongo!” por parte dun sector incontrolado, circularon os gañadores.

11078271_430566163781371_1939231292975347940_o IMG-20150427-WA0036

Pablo Ferradás e Luís Rodríguez Meneses levaron sendos packs de dúas bufandas da peña.

IMG-20150427-WA0034

Pola súa banda, Aitor Rosales será que disfrute dunha noite para dúas personas no Hotel Celta.

IMG-20150427-WA0037 IMG-20150427-WA0035

Para rematar, Antía González e Tamara Tapia levaron as camisetas oficiais do RC Celta. Noraboa aos premiados!

Ao remate dos sorteos, Pablo Alonso adicou aos asistentes unhas sentidas verbas de agradecemento, non só por unha xornada que estaba a saír a pedir de boca, senón por una tempada máis medrando como peña e reforzando este vínculo. Se podemos estar orgullosos do noso nome é por días así compartidos ao carón de persoas así. E que tampouco falte a lembranza para aqueles irmandiños que non puideron acudir. Haberá outra ocasión!

1483661_430567263781261_8276755981828118421_o 10668832_430566980447956_7977016754359675002_o 11012381_861919140521140_8306587497797387776_n 11024632_430567553781232_8048964313683647830_o 11066637_430567300447924_6359082214079436013_o 11149814_430566847114636_1216467604090553786_o 11155038_430567613781226_1423418400384996049_o 11160604_430567487114572_7660753009768198649_o 11187312_430567380447916_5245429072754180619_o11148533_430567483781239_2755447286537946351_o

Despois de máis de tres horas no mellor dos ambientes, o orugabús apareceu para levarnos, copas en man e a berro limpio, de volta ao Sobran para continuar a festa rachada.

11052475_430567863781201_4841086462435885492_o 11154848_430568067114514_2703342883837659460_o 11157396_430567933781194_4296555642072655282_o IMG-20150427-WA0024

Raro é que un partido do Celta na casa non estea precedido dunha boa previa, e desta volta non podía ser menos. Xa dentro de Balaídos, pouco queda por dicir: O celtismo amosou aos forasteiros brancos cómo alentan os siareiros de verdade, mentres os nosos xogadores plantaban cara en desigual batalla contra Real Madrid e Pérez Montero, nunha encomiable demostración de talento, afouteza e corazón.

Diciamos ao comezo destas liñas que o xantar do domingo foi unha das grandes xornadas para Irmandiños, e abofé que o foi, pero dende logo non será a derradeira. Pronto repetiremos, con nocturnidade e alevosía. Ata entón, quedan cinco xornadas de Liga, tres delas na casa, para rematar esta gran tempada do mellor xeito posible e aproveitar compartindo xuntos a febre do celtismo.

Por moitas máis como esta, irmandiños. Grazas a todos.

Onte, hoxe e sempre Celta!!

Irmandiños imos de furancho.

A tempada encara o seu treito final. Salvo catástrofe absoluta, gozaremos do noso Celta en Primeira polo menos unha tempada máis. Aínda é cedo para facer balance, pero consolidación do noso equipo entre os mellores despois de varios anos ao fío da navalla é algo que os celtistas debemos valorar na súa xusta medida.

Tamén foi un bo ano para Irmandiños 1923. A pesares dos recentes atrancos para animar como nos gustaría, afianzámonos como peña e vivimos grandes noites (días, os xustos) de fútbol e troula. Poderemos vivir o ocaso da tempada coa satisfacción de estar a contribuír, xunto ás demáis peñas e os celtistas de ben, a que o noso RC Celta medre pouco a pouco.

Por iso semella un bo momento para celebrar, de modo que o vindeiro domingo 26 de abril, día da visita do Real Madrid a Balaídos, organizaremos un xantar no furancho da Balsa de Matamá para todos vos.

A comida incluirá empanada, tortilla, chourizo, xamón asado e bebida ata fartar. Tamén haberá sorteos para os presentes. O prezo é de 15 € e inclúe transporte en autobús dende Balaídos ata o furancho e de volta ao estadio con tempo de sobra para a previa de rigor.

A nosa idea é que sexa unha gran xornada de celebración, de enchenta e de celtismo: Un día para todos os que formamos parte da gran familia de Irmandiños.

Como de cotío, podedes apuntarvos en irmandinhos1923@gmail.com . A data límite para apuntarse é o vindeiro mércores día 22 ás 13:00 e o aforo está limitado a 100 persoas, coas que encheríamos o Furancho. Iso sería o ideal, así que non faltedes! 

Onte, hoxe e sempre Celta!!